domingo 25 de octubre de 2009

TEMPO DE OUTONO!!


Atras quedou o veran,foron uns meses intensos con moito traballo pero tamen con moitos bos momentos de lecer compartidos cos amigos e amigas;tempo para disfrutar na praia,navegar pola ria e tamen moita festa.
Agora co outono por diante empezo a plantexarme que vou facer este vindeiro inverno;ficar ou irme de viaxe.
neste periodo de transicion no que rematei a tempada de feiras estoume permitindo disfrutar deste tempo con tranquilidade,dias de chuva para estar na casa,disfrutando no meu pequeno obradoiro creando cousas novas ou simplemente darlle renda solta ao maxin,experimentar.
Ate agora non estou sentindo a chamada da aventura e as viaxes,mais pola contra estou disfrutando deste novo espazo,dandome tempo pra min,ollando pa dentro e ver cales son as miñas prioridades vitais.




martes 19 de mayo de 2009

a familia Pushkariana ao completo!!!


PEGADAS NA AREA!

Parece incrible pero pasou xa case un mes desde que voltei de viaxe,nin me enterei!! asi como outras veces padezco a aterrizaxe durante unhas semans,nas cuales sintome desuvicado e perdido,esta vez non houvo tempo para tal,ao dia seguinte de chegar xa me estava indo para unha feira de artesania,nin desfacer a mochila me deu tempo!!
E asi ate agora,xa metido na dinamica de traballo;feiras,curro de taller,a horta......parece que xa todo quedou moi atras.
Como todo-los anos estiven no festival WOMAD en caceres,un acontecemento no que nos damos cita un monton de amig@s que nos coñecemos de India.Este ano estavamos tod@s,e normalmente so nos atopamos en Pushkar e este festival.Foi unha bonita experiencia.
E a vida sigue,eu metido xa na voragine,tamen disfrutando as veces do sitio privilexiado donde vivo.

miércoles 22 de abril de 2009

CONTA ATRAS


Parece que foi onte cando comenzava esta viaxe con destino a Bali,e con itinerario bastante incerto,como deven facerse os bos viaxes!

Dende enton pasaron cinco meses e medio e moitas experencias,que me levaron a rumbos desconhecidos e impensados,case sempre improvisando.

Atras queda Bali,Papua,Papua New Guinnea,Molucas,Sulawessi,Borneo,Java,Australia,Singapure,Taylandia e India.

Foi unha viaxe bonita e especial,cos seus momentos dificiles coma a vida mesma,e sobre todo con moitas vivencias e experiencias que viaxan conmigo como equipaxe.

Dentro de apenas unhas horas estarei de caminho de volta rumbo a outra realidade que por outro lado sinto que e o momento de comenzar.Tempo de aterrizaxe e de dar paso a outras vivencias mais cotians.

lunes 20 de abril de 2009

HIMALAYA

A minha viaxe esta chegando ao seu fin,estos ultimos dias foron un regalo de despedida.Unha vez en Dharansaladesplaceime hasta Bagsu,un pequeno paraiso na montana a uns poucos kilometros de Dharansala,rodeado de montanas e terrazas donde viven alguns campesinos dunha forma moi tradicional.desde aqui usamolo como base para explorar as montanas dos arredores,que chegan hasta 5.500 metros de altura.
agora empeza a viaxe de retorno para chegar a Delhi dentro de dous dias,e de ahi destinho Vigo,pero esa sera outra historia...

martes 14 de abril de 2009

Na India a aventura esta presente en cada acto cotidiano,como coller un autobus!!


Esto e o que parece!!!